quinta-feira, janeiro 26, 2012

Despacho vigués de investimento financieiro revoluciona a linguage de comunicación web

BrOkeRs eSpeciAlizadoS, coma se fora o nome dunha banda da movida dos oitenta. A policía de Vigo segue a buscar aos pérfidos que enganaron a esta bóa senhora, á que lhe cobraron pola criación do sitio web do seu despacho de investimento financieiro i entroques lhe fixeron esta barrabasada para que todo quisque bote a risotada. Estas cousas non se fan.





Eu penso que esto saíu dunha sóa persoa, un caso destes de levar a idea de ún mesmo ata o final, porque non me imagino que un grupo ou equipa poidera chegar ata estes extremos. O site aposta por tonos atrevidos e o uso de texto en cursiva ou incluso maiúsculas para criar slogans contundentes e revirados ao mesmo tempo, dos que hai ahí arriba varios que seleccionei nos que se pode clickar para comprobar o que digo. A navegación en linha, sen menú, pasas as cinco páginas unha detrás da outra para ligar outra vez coa primeira… as fotos, e a canción bilinghue (inglés e francés) tamén en bucle porque cando remata escomeza outra vez :P todo converte a visita a este site nunha experiencia despampanante.

Miren miren --> CristinaDeAndres.net e suban o volumen do chintófono para escoitar a canción de marras, da Celine Dion con outro ghicho que non sei quen é.



segunda-feira, janeiro 23, 2012

A coz desafía á Xunta e sinala a mafia corrupta que tenhen montada cós fondos europeus

Neste clip con data de onte e saído dun chiringhito dependente do tinglado jornalístico mediático que máis cartos públicos (nosos) leva, e que conta coa colaboración de grandes paiasos nos seus editoriáis para a defesa do nacionalismo (espanhol) e apoio a organizacións do entorno tangalhego… pois neste clipe amosan a ponta do iceberg de ún dos crimes do caciquismo que a gente non se decata do grande que é: O dos fondos europeus. O caso é que eu estou seguro que a Cóz tamén mama aquí e chupa na casa, ou seja que deben andar a pelexar cós da Xunta, pero non penso eu que vaia estoupar nada que moito precisan tanto o ún do outro como viceversa. Espero que en Bruxelas se decaten que son cartos que van para redes clientelares e supriman as ajudas, porque agás os catro que rouban, os demáis imos caíndo máis para abaixo.



Entereime desto por un egonauta que avisou --> aquí


terça-feira, janeiro 17, 2012

Esta gente non pode trabalhar na GZ

Segundo o que contan nesta nova, para a justicia espanhola a GZ é unha merda. Porque impón juices que non se molestan en aprender a língua. Pode alguén cesar os juices como esa que sáe na nova? Vaia categoría moral a dos magistrados que toman o cargo e non se molestan en aprender galego. Pero ben que se molestaron en quitar a carreira e chegar a juices. Quen os defende? Quen é o responsable?

Eu como cidadán tenho que pandar con esta merda? Porque esta justicia i estes juices son unha merda que non quero sofrir.