segunda-feira, julho 28, 2008

os que non temos aldea

Que texto máis bonito de Fran P. Lorenzo en ECG. Non aparecerá en nengún documental que na minha escola en Vigo a finais dos anos 70 e comezos dos 80 dábano-la asignatura de lingua espanhola...en galego, e independéntemente do que te dixeran en castelán, a información importante ía no comentario entre eles (os profesores) en galego e voz baixa, ou nas conversas que o meu pai (que me falaba castelán) tinha en galego segundo con quén as tivera. Levábamo-lo incorporado de serie cunha aprendizaxe case osmótica (como gostei desa expresión).

Non sei canto tempo máis vou botar en Londres, máis penso que tenho unha capacidade de perderme e de atoparme no universo desenvolvida grandemente polo que describo arriba. Hai veces que algún que vén do quinto carallo no mundo escomeza a me contar unha historia na que identifico cousas que xa aconteceron noutros lugares i en momentos distintos, dende sempre.

Souben desto porque aparesceu aquí.


sábado, julho 19, 2008

falsa alarma

O Luns tivemos que desaloxar as instalacións por mor dunha falsa alarma. Cando a sirena levava máis de 20 segundos agharrei as minhas cousas (eu non as deixo a mollar coa espuma anti incendios) e cando baixaba inda mirei ún parvo tentando de coller o ascensor. Logo pasa o que pasa. Básicamente baixamos todos en fila espabilados mais sen correr para disfrutar dunha media hora alternando baixo o sol, i eu non tinha culpa de nada. A última vez que acontecera tal cousa foi cando eu queimara pán no torrador. De verdade.


quinta-feira, julho 10, 2008

outra cousa que mirei a semana pasada no Morrazo

as fotos promocionais das orquestas sempre me molaron. Sintoo porque as fotos (as minhas có telemóvil) non amosan ben os posters. Estaban postos non lembro si na caseta do Maria ou do Ezequiel en Barra, que pasei diante cando subía có Emilio e botamos un rato a mirar para eles.