quinta-feira, março 19, 2009

Vintage & Rare Guitars

Merquei unha máscara para tocar a ghitarra. Foi no Cyberdog en Camden, a tirar o dinheiro. O Nhako conmigo e non me avisou que estaba a facer o parvo. Tamén botamos varios días en Denmark Street a probar ghitarras acústicas. Semella que sómentes en dúas tendas, Vintage and Rare Guitars e Hanks tenhen stock de ghitarras acústicas das finas, e Nhako estaba sobre todo polas Martin e as Collings. Eu tampouco lle fún avisar que mirara a ver si era que estaba a tirar cós cartos, senón que inda por riba animando. Ao final escolleu unha Martin D28 Marquis de segunda mán (do 74, creo). O Nhako aparesce mallando nela nas fotos de abaixo tiradas en Vintage&RareGuitars, que semella un museo. Eu flipei cós amplis de ghitarra eléctrica. Amosáronnos ún a válvulas cunha potencia dun cuarto de watio. Amplis para flipar un rato.
Tamén tenhen un taboleiro con sinaturas dos supostos artistas que mercan ou visitan a tenda. Mirei unha que semella ser do Nick Cave.
Na foto de abaixo, a sinatura xunto do asterisco... Nick Cave?