Este Martes 23, e penso que chego bastante tarde. Puiden agharrar un billete de avión para Porto con Ryanair. Sómentes espero que o avión non escaralle igual que o monito que me fai a punheta por detrás me escarallou a composición da foto onte á noite. Hoxe non penso sair de casa. Dáme medo voar.
sábado, dezembro 20, 2008
Chego a Vigo o Martes á noite
Este Martes 23, e penso que chego bastante tarde. Puiden agharrar un billete de avión para Porto con Ryanair. Sómentes espero que o avión non escaralle igual que o monito que me fai a punheta por detrás me escarallou a composición da foto onte á noite. Hoxe non penso sair de casa. Dáme medo voar.
sexta-feira, dezembro 19, 2008
este vai sen título
Déronlle ó Elvis Costello un show feito por unha productora de TV nos USA. O programa chámase Spectacle, i é destes de falar cós convidados. Estano a botar na TV inglesa estes días. | |
Nesta ocasión o Costello entrevistaba a ThePolice, pero entroques de sentarse a falar cós tres integhrantes da banda ó mesmo tempo entrevistounos ós tres por separado, dez minutos cada ún. Penso que a conversa non valeu un duro, a botarse flores todos, e para máis inri non sei onde mirei que este ano ElvisCostello e ThePolice ván xuntos de xira, vaia contubernio. O Sting botou unha version bossanova do Roxanne coa guitarra espanhola. Tenho que resaltar o gran traballo dos estilistas que conseguen que estes dous veteranos tenhan unha imaxe moi actual e cúns pelinhos moi ben colocados. | |
VIDEO- arrecona, os espectadores atónitos. Admiren aquí á dereita a musica de marras que ghastan estes dous vellos: o Costello toca o seu clásico hit 'Allison' (NON É A DOS PIXIES, OLLO), e o Sting emociónase e pónse | |
O dia seghinte á noite o mesmo show do Costello de cháchara có Elton John. Aquí a cousa era máis infumable, e ao Elton John non hai estilista que o salve. Entereime despois que é o productor do programa. Máis contubernio e clientelismo. Miráde-los dous de makeighans na foto da esquerda, bueno, non se mira moito porque o material gráfico deste post tireino coa cámara do telemóbil enfocando a pantalla da tele, pero xa vos digo que na foto están o Elton no piano e o Costello cantando de pé, mimá qué medo. | |
E hoxe mesmo atopei na tv ó Suggs, o cantante mesmo de Madness, con outro show de TV, esta vez feito no UK (chámase Suggs in the city). Pódese ver que o plató é un pub, que está no centro de Londres pero non lembro o nome. Este ghicho conserva certa decencia, pese a que o programa é outro varazo. Tenhan en conta que estas descripcións que fago son moi subxectivas, e poderia ser que estivera a me describir a mín mesmo, mentras me engano pensando que falo dos devanditos. |
terça-feira, dezembro 09, 2008
segunda-feira, novembro 24, 2008
Un pouco chunga a cousa
Esto foi o único que rendericei antes de que mo bloquearan.
sábado, novembro 15, 2008
bloqueáronme o software

caghontál, onte abrín a aplicación na que estaba a face-la minha mestura da música de Lamatumbá e a computadora botoume esta mensaxe. Xa non funciona, e levaba máis dún ano e medio sen problema. Pois claro que era unha copia de trapicheo, igual pensaban que vou pagar os €400 ou máis que vale legal, igual pensaban que os que o usamos somos todos DJ's e ganhamos cartos con él. Escoitara de xeitos que tenhen as empresas de software para bloquear copias piratas a través da internet, máis é a primeira vez que me pasa. Tenho que apanhar outra copia que non tenho nen doce días para que remate o prazo do de Lamatumbá.
quarta-feira, novembro 12, 2008
e outra
eu sigo atopándome música que mola por ahí adiante. Esto postárono en Chuza hoxe para pechar a emisión. Mellor non saber de quén é nen comprender qué dín nen de onde saíu a canción de marras.
domingo, novembro 02, 2008
neve a finais de Outubro
quinta-feira, outubro 30, 2008
quarta-feira, outubro 29, 2008
'A vida de Brian' en Touriñés (2parte)
Esta é a segunda parte desta homenaxe ó galego falado polo presidente da Xunta. Dician en Chuza que cousas como esta tamén se poden facer con algún do bloque como protagonista.
quinta-feira, outubro 16, 2008
Ben que o saben
sexta-feira, outubro 10, 2008
a voltas coa crise
Esto é o que hai estes días nos medios de comunicación británicos. O ghicho e as dúas paisanas que saen no Times semellan os mesmos que os de esta foto que sae en varios medios (neste caso puxen un link a Vieiros) ilustrando todo o contrario tres dias despois coa suposta euforia polas axudas da UE. Sobre todo logo de lér que nos dous casos son imaxes da bolsa de Frankfurt. |
E vaia calorcinho que vai en Londres estes días. Dá gusto. |
quarta-feira, outubro 01, 2008
esto xa era o último que faltaba
terça-feira, setembro 16, 2008
Megadeth Megadeth Megadeth
estaba fedellando en chuza cando alguén postou o link a esto:
Marcadores:
argentina,
megadeth,
nippon,
parralenhos,
parraleños
sábado, setembro 06, 2008
quarta-feira, setembro 03, 2008
Tirei esta foto cando agardaba pola entrevista
domingo, agosto 31, 2008
3108 (blog) Trinta-e-ún-de-Agosto
Seica hoxe é o día do blogue. Pois vale. Pero xa tenho dabondo que facer como para me pór a lér toda a trangallada sobre o asunto.


sábado, agosto 30, 2008
Lóstregos
Vaia treboada onte á noite (toda ata a manhancinha de hoxe). Pasáronme estas dúas fotos tiradas dende un edificio xunto da rúa Pino en Vigo. Pódese ver como mallan no Morrazo, capital do HeavyMetal. Seguro que en Barra alguén botou o mellor polbo da súa vida.
Tamén foi admirable o calibre dos pedrolos de saraiba. A experiencia en Pontevedra aparece documentada nestoutro blogue. Mola a foto dos pedrolos e o telemóbil para facerse unha idea do tamanho dos chuzos.
quinta-feira, agosto 21, 2008
Ofertan un posto de espia ou axente secreto
domingo, agosto 10, 2008
Queimando a computadora enviando CV's
Así que o Venres mesmo fun cear á casa do Qaalfa en Candem a que me contara sobre as empresas que precisan xente que escrebe VBA-Excel e outras cousas.
Pero tamén estaba o Takahiro, que contou rindo que tivo unha entrevista de traballo que lle saiu de pena, e tan pancho. Cando os pais rematen coa paciencia ou cós cartos para mantelo xa verás como tira con esa filosofia de: "eu para entrar a traballar nún estudio de desenho de pret-a-porter destes de merda, mellor paso. Non podo tirá-lo meu tempo". Moito lle resbala calquera cousa que lle digamos.
O caso e que xa lle mirei unha saia que desenhara en Viena, unha cousa coma recortar un traxe de noiva e facer unha minisaia con moghollón de volumen que me pareceu preciosa. E a camisola que leva nas fotos, fixérana a sua namorada, leva unha cenefa ou algo cosida en vertical por diante e foi pintada a mán. Estivemos toda a cea a lle facer caso a él, e sentoume ben esquecer do meu por un rato.
sexta-feira, agosto 08, 2008
quinta-feira, agosto 07, 2008
Black Cherry
domingo, agosto 03, 2008
qué muller!
xa está ben, a mín o que me mola musicalmente é esto:
festa pOp, unha elucubración sobre a lingua empregada no clip aparecida neste blogue provocou unha gran confrontación entre isolinos e reintegratas, que se pode mirar aquí.
sábado, agosto 02, 2008
Assinar:
Postagens (Atom)