| Déronlle ó Elvis Costello un show feito por unha productora de TV nos USA. O programa chámase Spectacle, i é destes de falar cós convidados. Estano a botar na TV inglesa estes días. | |
| Nesta ocasión o Costello entrevistaba a ThePolice, pero entroques de sentarse a falar cós tres integhrantes da banda ó mesmo tempo entrevistounos ós tres por separado, dez minutos cada ún. Penso que a conversa non valeu un duro, a botarse flores todos, e para máis inri non sei onde mirei que este ano ElvisCostello e ThePolice ván xuntos de xira, vaia contubernio. O Sting botou unha version bossanova do Roxanne coa guitarra espanhola. Tenho que resaltar o gran traballo dos estilistas que conseguen que estes dous veteranos tenhan unha imaxe moi actual e cúns pelinhos moi ben colocados. | |
| VIDEO- arrecona, os espectadores atónitos. Admiren aquí á dereita a musica de marras que ghastan estes dous vellos: o Costello toca o seu clásico hit 'Allison' (NON É A DOS PIXIES, OLLO), e o Sting emociónase e pónse | |
| O dia seghinte á noite o mesmo show do Costello de cháchara có Elton John. Aquí a cousa era máis infumable, e ao Elton John non hai estilista que o salve. Entereime despois que é o productor do programa. Máis contubernio e clientelismo. Miráde-los dous de makeighans na foto da esquerda, bueno, non se mira moito porque o material gráfico deste post tireino coa cámara do telemóbil enfocando a pantalla da tele, pero xa vos digo que na foto están o Elton no piano e o Costello cantando de pé, mimá qué medo. | |
| E hoxe mesmo atopei na tv ó Suggs, o cantante mesmo de Madness, con outro show de TV, esta vez feito no UK (chámase Suggs in the city). Pódese ver que o plató é un pub, que está no centro de Londres pero non lembro o nome. Este ghicho conserva certa decencia, pese a que o programa é outro varazo. Tenhan en conta que estas descripcións que fago son moi subxectivas, e poderia ser que estivera a me describir a mín mesmo, mentras me engano pensando que falo dos devanditos. | |
sexta-feira, dezembro 19, 2008
este vai sen título
terça-feira, dezembro 09, 2008
segunda-feira, novembro 24, 2008
Un pouco chunga a cousa
Esto foi o único que rendericei antes de que mo bloquearan.
sábado, novembro 15, 2008
bloqueáronme o software

caghontál, onte abrín a aplicación na que estaba a face-la minha mestura da música de Lamatumbá e a computadora botoume esta mensaxe. Xa non funciona, e levaba máis dún ano e medio sen problema. Pois claro que era unha copia de trapicheo, igual pensaban que vou pagar os €400 ou máis que vale legal, igual pensaban que os que o usamos somos todos DJ's e ganhamos cartos con él. Escoitara de xeitos que tenhen as empresas de software para bloquear copias piratas a través da internet, máis é a primeira vez que me pasa. Tenho que apanhar outra copia que non tenho nen doce días para que remate o prazo do de Lamatumbá.
quarta-feira, novembro 12, 2008
e outra
eu sigo atopándome música que mola por ahí adiante. Esto postárono en Chuza hoxe para pechar a emisión. Mellor non saber de quén é nen comprender qué dín nen de onde saíu a canción de marras.
domingo, novembro 02, 2008
neve a finais de Outubro
quinta-feira, outubro 30, 2008
Assinar:
Postagens (Atom)