domingo, fevereiro 27, 2011

Comarcas da GZ


Para probar hai que ir ----> aquí


quinta-feira, fevereiro 24, 2011

Adrian Legg

Adrian Legg toca hoje aquí ó lado, tal como dí na lista de datas. Tal como anda o custe da vida non sei como poden vender estes tickets a seis libras nun gharito cun aforo que estou seguro non chega a setenta persoas. Como é natural nos locais que máis disfruto, este tamén tén a típica columna no medio para foder a visión do evento.





Aquí está, no medio da imagen. Tirei esta foto logo de rematar o hari.


quinta-feira, fevereiro 17, 2011

galegofobia

Non se precisa saber moito inglés para decatarse do que acontece neste clip. Pero igual non apreciamos a dureza do asunto.


Este non necesitamos miralo outra vez que ja aborrece.



Déume por ponhe-los dous clipes juntos logo de mirar esto en relación coas images do gran hermano. Nada contra a Marta, que é outra igual ca nós. Fala do que lhe aprenderon a ferro.


Por eso digo que tódo-los galegos somos uns filhos da puta, pero úns máis ca os outros. Mira bén cual boneca escolhes e agradéce ós teus pais que perderas a condición de merda que tinha a túa familia.



E no apartado escatológico, este jornal (que semelha ser o voceiro dalgún grupo extremista do nacionalismo espanhol) interpreta a cousa doutro jeito. De onde sairía este nojo?


Espera bwana, que vou escolher a boneca que digas tí. Pero quen caraio serán estes crimináis?


terça-feira, fevereiro 15, 2011

sábado, fevereiro 05, 2011

domingo, janeiro 09, 2011

Sol en Janeiro

Inda que esteamos en Janeiro, en Londres cando sáe o sol como saíu hoje, dá ghusto. Logo á tarde sí, vén un frio deste que é perjudicial.



segunda-feira, janeiro 03, 2011

A do can de palheiro de Bibiano



Alghén subiu ao YouTube a música do velho can de palheiro que se lhe cae a ditadura. Canta Bibiano na Corunha en Junho de 1976. Non sei se fora O Correo Galego que quitara unha edición de audios que incluía esta hai cousa de quince anos. Os asistentes gostan do coro de «Abaixo a dentadura».