sexta-feira, março 31, 2006

tal coma eu sospeitaba: os de belle and sebastian sonche unha morea deles a se subir no palco

rematou marzo e inda a publicar o que aconteceu en fevreiro. eu na percura de cousas underghround e de ver un hari




este e un hari que fun mirar a un bar de rock&roll que hai na holloway road, eran todos uns perrilleiros, os da dereita e coa ghitarra branca son the boyfriends, os de arriba non lembro. a cousa do ruido, todos a beber e festa.



eso era o prologho do que conto a continuacion de cando o jose e mais o vicente vinheron a me levar con eles a mirar unha ristra de concertos en london, porque trouxeran un feixe de tickets nun sobre-envelope que tinhan sempre ghardado


velahi os estan. os de bell and sebastian eran asi como exactamente 12 ghichos no palco. este problema demoghrafico xa o tinha eu plantexado en bares tanto en vigho como en londres. poderia ser que o conxunto de 5 violins e a do violoncello estiveran ca banda somentes para ese tour, mais a ver canto toca a repartir as ganancias entre tanta xentinha, asi na taquilla cobraban £25 per espectador, arrecona :p






hai que dicir que estes de b&s eran un pouco pusilanimes. como si estiveran a ler a partitura de solfa, mais os que ghostan da banda ficaron encantados. para min que non valen o que cobraron, non comunican nada que non pillaras do cd. opinion moi personal mais esto e un blogh





a ghrandiosidade do local escarallounos con emocion, a lus dos focos creaba estampas con reminiscencias biblicas. escomezei a flipar teimando nos teitos e os detalles arquitectonicos e descubrin que non sabia o nome de mais da metade das cousas que miraba









por eso quitei estas fotos, e tamen para apreciar o tamanho mais que decente do sitio


no metro de volta o jose ficara contento porque e fan da banda, mais ao vicente non lle convencera tanto. daba ighual porque tinhan o sobre-envelope cheo cos tickets, caseque a un hari por dia que lles tocaba. somentes puden mirar o sobre-envelope duas veces. nada mais que o quitaban antes de sair para os haris




:p

e para o dia seghinte, no hari de julian cope, botaron de teloneiro a unha banda composta por dous ghichos+maquinillo de facer musica.


ghitarra e vos, que se deron tanto ao arte de berrar e facer ruido, que ese mesmo da foto siniestra rematou caindo polo palco pa baixo arrastrando con el un monitor deses que tenhen forma de cunha. non lle pasou nada, mais pudimos ver a rifa cos pipas de julian cope, que estaban dun serio que metia respeto, houbo un intre que pensei que lle ian zuscar ao artistaso este que tanto nos fixera rir coa sua performance





o senhor julian cope leva non sei canto tempo sen comercializa-las suas musicas pola tendas habituais, podense mercar os seus cd's nos haris, e suponho que tamen online, porque se non vou pensar que esto non e un hari dun artista de culto, senon o meeting dunha loxia masonica



non sabia que escribira unha ghia dos monumentos megaliticos na gran bretanha, chamase "the modern antiquarian" e atopase xunto con outros traballos del no mesmo tema cando percuras no google. inda che hai webs adicadas ao seghemento de toda a trapallada (www.headheritage.co.uk), mais xa pode, porque o concerto foi excelente. julian cope tocou o baixo companhado por dous ghichos mais: un ghitarra e un bataria. banda de tres, coma a do jimmy hendrix, e nada que ver co seu conto dos 80, senon que super-hard-core, era mesmamente coma unha treboada con raios caindo sobre un monte pelado cheo de dolmenes e pedras de abalar


parrafadas de cinco minutos e un par de musicas sen a banda, el so tocando o mellotron. e semella que a parroquia aqui reunida esta composta principalmente por acerrimos que, by the way, habia xa tempo que deixaran de ser uns rapacinh@s.


este si que e un ghran hari: non mercaria o cd das musicas que se interpretaron, mais paseino como dios. este ghicho espabilounos na memoria a diferencia que hai entre facer un disco e facer un hari


foi unha autentica verghonha que dous ou tres dias o jose non quixo sair a dar un paseo a noite e preferiu ficar na casa a mirar a telecomedia "eiqui non hai quen viva", en dvd. o vicente tentaba de lle facer comprender que hai cousas mais interesantes que facer en londres para catro dias que ves de visita. non houbo xeito


aqui vemos aos sparks no ghran concerto-hari multidisciplinar e cun publico de corenta anos parriba




a paranoia dos teitos e os seus detalles arquitectonicos



estes sparks son un pouco petimetres, e facian un hari moi de artista que vai vello. cantaron a musica de marras de "this city ain't big enough for the both of us" ou como se chame, como pinaculo da festa de exaltacion da voz de falsete e todo dios pa casa




e xa valeu de ghrandes haris por unha tempada, aghora sigho nos que dan en islington que valen £5 ou menos. e como ando a mirar cousas un pouco mais ghoticas fun mirar este de les irrepressibles, que tinhan esta pintinha de retroghrados










a foderse

Nenhum comentário: