quarta-feira, junho 20, 2007

a festa en Hackney


o Marcus (o da esquerda, o da dereita é o Alan) editou un cd con Stacks_of_Stamina e vive con outros dous suecos e mais un canadiano, todos dj's. Fun á sua casa porque daban a festa co conto de que o Johan (con sombreiro) voltaba de nonseiqué xira polos USA. VAia rolLO, da "xira" esa ou "tour" non obtiven moito detalle.



a todo esto, ir só a Hackney e voltar ás tantas da manhá non é algo que me fagha ghracia, pero tampouco podo deixar de facer cousas por eso, xa abonda cás alarmas de bombaso que hai no centro



e pinchaban a música có iTunes, mais preguiza non se pode tér, mais o chiringhito estaba ben montado, tinha a impresión de que estaba nunha movida underground, caso de tér eu invitado xente a bailar á minha cocinha, pinchando do iTunes coa computadora enriba do microondas todo cristo diria que son un trapallas. Está claro que hai algo que fago mal.




Marcus deume unha copia do seu cd, hei agardar unhas semanas antes de escoitalo para evitar ser influenciado pola cantidade de hip-hop que puxeron esa noite

Nenhum comentário: