Haiche xente moito máis espabilada. Esto é o Guardian, ou mellor dito, ún dos múltiples suplementos que dán có xornal na fin de semana (concretamente a pasada). A pouco de abrir o suplemento aparesce esta nova sobre o proxecto do novo estadio do FC Barcelona (traballo de Norman Foster). Observo que aquí non hai confusión cós nomes. O Camp Nou é de sobra conhecido, pero podería ser un nome máis complicado (por exemplo Josep Lluis) que o ían escribir ben igual (a os cataláns non lles tocan as bolas coma a outros).
Pero máis adiante atopo este anuncio de Canon, a doble páxina no que se pode apreciar unha bandeira aproximadamente no centro da imaxe.
A bandeira é evidente para o leitor, mais non se aprecia tanto nas fotos que tirei, por eso incluo estoutra imaxe na que se vé mellor.
Cada quén que tire as suas proprias conclusións. A presencia de Catalunha nos medios internacionais deixa en cueiros a cousas coma esta: mais semellante ó estilo usado para promocionar Galiza, cheirinho a No-Do e a sensación de estar pedindo algo. Apareceu no mesmo suplemento.
Hai ano e medio merquei esta bolsa de ensalada nun supermercado no centro de Londres. E poderia seguir un rato pero xa chegha.
Pola outra banda aquí (hai que ser sosio do facebook para miralo) tedes un exemplo de auto-odio en Facebook: semella que hai xente da Galiza, que fala inglés, e que non sabe que galego/a en inglés díse Galician. O de 'I am gallego' é de pena. Estaría disposto a moito antes de me ver relacionado con algo así, polo arrepío que dá.
2 comentários:
Chuzada! Moi interesante na miña opinión. Saúdos.
A foto é na ponte do carrer nou en Xirona. O simpático é que está feita do revés da foto normal nesa ponte. É unha ponte que une a zona vella coa nova, normalmente sácase da zona vella ou da catedral pero neste caso sacan a zona nova. Que está coidada de tal maneira que se pode fotografar sen perder unha foto. Xa quixeramos iso para Compostela
Postar um comentário