
Pasei tres dias nesta cidade que atravesas a pé en des minutos de pequena que é, pero cara coma unha grande capital (€4 por unha pinta de guinness), menos mal que o hostal cobraba €17.5/dia. Eu porque ía de festa rachada, pero compartir cuarto seis persoas (maioria no hostal de ianquis, australianos e ingleses, e máis mulleres ca homes) en tres literas e un banho pode ser unha vaina. Non foi o caso, inda que as paredes eran de papel i enterábaste de todo o que acontecia nos cuartos próximos. Xa na rua, a música ao vivo nos pubs é ún dos ingredientes da festa. Outro ingrediente é o alcohol.

O pasarúas de S Patricio foi relaxado, semella que calquera colectivo que quera, pode participar, a xulgar polo aspecto das comitivas, máis proprio do entroido. Sorprendeume o último grupo pedindo "Freedom for Palestine", formada por xente irelandesa, todos có panhho palestino no pescozo. Tamén observei, tal e como imaxinaba, que ninguén fai o paiaso a ponher roupas relativas ó dia, nen pintarse trebóns na cara nen merdas desas (agás os nenos pequenos), fano os estranxeiros. Todos os que miramos a facer o parvo eran norteamericanos ou australianos.
fumos a unha festa con hari de versións (nada novo) nun garito chamado 'Old Oak'. As mulleres semellan ser moi botadas padiante.

Pasatempo: identifique os australianos na foto

No Eire usan a palabra 'Garda' entroques de 'policia' (tamén arriba na foto do pasarúas, escrito nas costas dos tres axentes). Inda tén que chover para que o fagan na Galiza.
outras cousas:
- tódo-los carteis comerciais están en inglés inda que mirei algo en gaélico
- a sinalización viaria e institucional é nas duas linguas, mais o gaélico cáseque sempre nun segundo plano (en segundo lugar, ou rotulado máis pequeno)
- na rúa o que máis escoitei foi inglés, pero o gaélico é frecuente, digamos 70%-30%
- escoitei xente nova e adolescentes falar gaélico
- dous gaélico-parlantes que non se conhecen inician conversa en inglés, logo dunhas palabras mudan para gaélico
- suponho que a porcentaxe de gaélico é maior da que eu percibín porque eu son identificado como visitante, e sigo patróns de comportamento de guiri, ou sexa que os meus movementos son predecibles e as cousas xa están agardando por mín en inglés

unha última cousa: seica Bansky estivo en Cork?
Nenhum comentário:
Postar um comentário