
e celebraban o primeiro torneo 'Alejandro Finisterre' (o inventor do xogo) aberto para quén se quixera apuntar. Ninghén quixo vir conmigo ó
Bar Kick en Shoredich. Os meus posibles acompanhantes estaban de resaca e con este dia que amenazaba con chover non houbo xeito de quitalos da casa. Cértamente as dúas da tarde é unha hora un pouco cedo para un Domingo, así que fún só. E como nin sequera tinha parella para xogar estiven 10 minutos paspándoa ata que falei cún tal Tim que dixo traballar na programación de
Resonance FM, organizadores do evento (habia DJ e todo), que suponho seria para recadar fondos para seghir có seu, que é a música.

Como gostei da conversa merqueilles a camisola (na foto). Por certo, os futbolos eran máis pesados do habitual no UK, máis similares ós nosos, pero cóa disposición 2-5-3, non a correcta 3-3-4. E os macaquinhos levan un pedestal debaixo dos pés que é o que golpea a bola. Vale todo (non se penaliza facer bola cá dianteira). O único que non se pode facer é 'spinning' (remuinho).
Um comentário:
Que chula a camisola! Que interesante que lle fagan unha homenaxe a Alexandre por aí adiante no mundo.
Postar um comentário