quarta-feira, junho 17, 2009

Concerto de Moby de sentados no Royal Albert Hall

De sentados o carallo. Esto era onte á noite o Royal Albert Hall con e sen luz


Este é o Moby e a da esquerda a cantante que lle facía as de gospel. Penso que non aparece nas imaxes a outra cantante, unha ghicha moi guapa cúns zapatos moi feos á que Moby se referiu un par de veces como 'Ms Kelli'. Non houbo moita electrónica. Era unha banda de batería, baixo, guitarra, sección de corda (dous violíns e un chelo) e piano. O Moby dixo que estaba inseguro porque era o primeiro hari do 'tour' e normalmente non escollen unha cidade grande para o primeiro hari.
Penso que o Moby é un ghicho que traballa con samples e maquinillos, porque as músicas da beira pop/rock parécenme moito máis febles ca as da corda máis electrónica ou esas nas que divulga esa regueifa afroamericana na forma de loops, non lle atopo nada especial pola banda rock, e nas lentas que canta a Ms Kelly eu pérdome. Inda por riba botou unha versión de JoyDivision (transmission) mallada da orixinal que non sei cal foi o obxecto de tocala. Hai que aclarar que os cachos do concerto que menos celebro índa mantinhan decencia sobrada.

Púxenme a grabar a xente erguida das cadeiras (eso sí, Qué poder tén o cabrón para facer que unha audiencia grande se ponha en pé así de súpeto cando estábamos todos sentadinhos) a bailar cando botou a música de TwinPeaks, mirade que xeitinho lle pón tocando as conghas. Comentou que estaba agradecido a David Lynch polo pulo que TwinPeaks lle deu á súa carreira. De feito todos identificámo-la música coa serie de tv, aquí convertida en tema de pista de baile, seica dixo que agora tócana segundo a versión que lle fixo un DJ, porque gosta dela. Grabei ata que me viu un ghicho da seguridade a me dicir que metera a cámara no cú (haha, non foi así de borde).

Polo cú sí que me daba a mín o que me dixeran, por eso quitei este outro cacho, moi corto porque quixen eu grabar un cacho pequeno, non porque non deixaran, porque eu fago o que me dá a ghana e tamén porque o de seguridade estaba ocupado perseghindo outra cámara. Aquí semella que está tocando na ghitarra o “whole lotta love“ dos pinkfloids de Led Zeppelin.


Tenho que dicir para seren honesto que disfrutei do concerto, sobre todo nas conhecidas onde a banda tocaba as cousas máis de bailar. O ritmo era poderoso e facía moita festa, como se pode comprobar nos dous clips. Igual o ghicho está aborrecido de todo eso e quere facer outras cousas máis de banda de rock. Tamén tén algo no xeito de falar có público que cria (digoo en serio) certa intimidade. Semella un ghicho normal que está probando as súas músicas a ver que tal resultado dán. Esto non tén máis valor ca unha impresión puramente persoal. Qué conto tenho e con todo sen facer.

Nenhum comentário: