sábado, maio 30, 2009

Belfast

Visita coma un raio que penso que non botei nen 15 horas na cidade, mais sí que deu para facer un taxi-tour polo West Belfast, onde 'conviven' católicos e protestantes, e coma o do taxi era católico, para entendermos é coma dicir que conviven paisanos e jodechinchos PERO MOITO OLLO QUE ESTES VAN ARMADOS (e os outros tamén). As tres fotos a continuación amosan murais. Adivinen cales son obra dúns e cales son obra dos outros.


Non importa o ángulo dende o que o esteas a mirar, o pinkfloid de ahí arriba sempre te está apuntando. Non é por mal, que vale que o meu guia era parente da muller do ghicho do Sinn Féin, mais aquí vai unha pista: os murais unionistas tinhan algho-bastante de intimidantes. O cabrón do taxista dixérame todo serio: "Antes de entrar en zona unionista quero que saibas que cando esteamos fora do carro i eu digo 'CORRE', tí ponte a correr todo o que podas en tal dirección". A nai que o pariu, haha, suponho que estaba a me tomar o pelo mais alí no sitio eu non estaba de todo tranquilo. A todo esto tamén escoitei unha bóa historia de medo sobre portas que suponse que pechan a noite, mais misteriosamente ás veces fican abertas.


Este é o lado católico. Detras do valado está a rúa, e na outra beira as casas dos unionistas. Aseguráronme que eran raras as noites sen alomenos un par de pedrolos guindados dende o outro lado do valado.
"Para distinguirmos non precisamos de sabe-lo apelido, chegha con sabe-lo nome: John, Patrick, Peter, Maria, e nomes da Biblia son de xente irlandesa; Elisabeth, George, Sarah, e nomes de monarcas ingleses son nomes de unionistas."

"Polo día non che hai problema. Calquera pode ir por calquera barrio porque significa negocio para os locais da zona. O problema é de noite, logo de que o exército británico pecha as portas bloqueando rúas. Ahí mellor que cada ún estea na súa casa."

"Mira que temos que cambiar o plan podrque o que íamos mirar a continuación non vai ser posible porque como podes mirar, ahí diante vai a comitiva dun enterro unionista bloqueándonos o paso, i eu non vou ser quén de fachendear a pasar có carro ó seu carón. E tí tampouco."

Eu non tenho elementos de xuizo suficientes para considerar se é tal que así ou esaxeran para ganhar simpatías para a causa. Tenho que engadir que no centro de Belfast non notei nada desto. Era fin de semana e mirei moreas de xente nova (e non tan nova) bébeda e faladoira. Os mesmos aboríxenes confirmaban que sí que o centro está exento desa tensión.


Nenhum comentário: