Ou ghato e raposo, que non lles mirei o coiso. E nen é fábula nen nada. Onte pedaleaba na minha bici de volta para casa, a eso das duas e media da noite, cando dín con esta escena na area residencial que hai debaixo do Candem Passage en Angel (N1 no centro de Londres). A ghata e a raposa estaban ahí como esperando cada unha polo próximo movemento da outra. Parei e tirei estas fotos, non se mira moito porque non me quixen achegar inda máis, estaba a menos de 10m da raposa pero có telemobil semella lonxe. Non quixen usa-lo flash por se lles daba susto.
Mirara outro raposo comendo das bolsas do lixo na rúa cinco minutos antes no meu caminho en bici. Xa escoitara (ou lera) opinións sobre o crecemento da poboación de raposos no centro de Londres e semella que como andes a dar voltas de noite aparescen sen buscar por eles.
Nenhum comentário:
Postar um comentário