domingo, agosto 09, 2009

Penso que DictaSMS non tén dereito a facer esto




A locución de DictaSMS entra cando non podo contactar con alguén cando chamo dende o meu móbil Vodafone. Do mesmo xeito que entraba a mensaxe da contestadora, agora seica entran éstes dicindo que deixes a mensaxe. DictaSMS transcríbeo e o envia ó destinatario na forma de mensaxe de texto. O caso é que che cobran igual. Probeino (obligado) no Nadal, para descobrir que se deixaba-la mensaxe en galego non era procesada e un par de minutos despois recibia un txt de DictaSMS informando que a mensaxe non fora enviada e que non me cobraban.
O Martes 28 de Xullo deixei a mensaxe que se pode mirar nas fotos arriba. CORRECCION: deixara máis ou menos esa mensaxe pero en galego. Estaba para entrar a bordo do avión de Ryanair en Lavacolla e decidín facer unha chamada, mais a contestadora de DictaSMS colleume por sorpresa (suponho que a xente non está agardando que a chames cando che dá a tí a ghana) e non sabia que mensaxe deixar, non quixen deixar mensaxe en castellano ou sexa que cáseque falei para mín mesmo, seguro de que a mensaxe nunca seria enviada.
Realmente as fotos amosan a mensaxe que recibín eu de DictaSMS confirmándome o envio da chafallada esa traducida cordialmente ó castellano. Escapóuselles a palabra “fala“, que permanece en galego, o guión baixo logo de “Porque estoy en una fila“ debe querer dicir que ahí dixen algo que non colleron, suponho. Inda non falei có destinatario, a saber qué raio pensou ó recibires eso. Asumo que cobraron do crédito no meu cartón.
Estou tentando de comprender. Por que traducen a minha mensaxe? Pode unha empresa operar na Galiza ignorando a língua galega? Penso que DictaSMS non tén dereito a facer eso. Non sei se contactalos, pero non ando sobrado de tempo, non me parece normal. A ver que fago con esto.

Um comentário:

o c disse...

Acabo de quedar parbo,companheiro, molaría saber qué lexislación permite isto, ou mellor ainda saber cal pode impedir estas desfeitas.