sexta-feira, janeiro 15, 2010

Apple Store en Regent Street


Merquei unha computadora nova. Fun hai dous dias ó Apple Store de Regent Street, pegadinho a Oxford Circus.



Esta aquí arriba é a entrada do Apple Store.



Esta aquí é a mesma imaxe no cuadro Technology shop, de Isabel Lambourne. Obsérvese qué ben que captou o espírito anodino dos seres que pululan por alí dentro.



A cousa foi que botei un par de horas na tenda, e non contaba con mirar tanta miseria e tanta ignonimia xuntas. Un mogollon de xente nova e non tan nova, cún aire moderno que tiraba para atrás. Todos a face-lo parvo perdendo o tempo pintando a mona, a mirar o facebook nas computadoras expostas.

E mira que saían computadoras para fora, que vendían que era un deleite. Vaia máquina de facer cartos.

O rollo fino que levan na Apple non quita o marranismo: Esta tenda xa non che fai modificación nenghunha que non sexa a RAM do trebello. Se queres mercar unha computadora cún disco duro maior, eles véndencho mais non cho ponhen no cacharro. Tés que ir tí a outro obradoiro ou tenda a que cho ponhan (paghando tí). Ollo que non cho ponhen inda que vaias mercar unha computadora nova escollendo aumentarlle-lo disco duro tal como aparesce como opción no website para as compras on-line.

Todos estes pánfilos mirando a vida pasar diante deles. Pena que non tinha unha vara porque botábaos a todos fora a ver se deixaban de andar nos biosbardos.

Nenhum comentário: