sexta-feira, dezembro 31, 2010

Armando Blanco no pleno municipal de Teo

Estou escoitando os audios nesta ligazón ao blog «La Comarcal», que descubrín via Chuza. Tenho curiosidade por saber se os seus votantes son conscientes do jeito que este senhor utiliza nos plenos ou se o ejemplo dos audios é unha excepción desafortunada.

Pero dende a emigración tenho que dicir que sinto morrinha, porque estas personagens son tan típicas coma unha postal desas de rapazada diante dun cruceiro. Había que facer unha compilación desta especie endémica galega para comprender como conciben a cousa pública e as institucións.

Por certo, estiven a mirar en Google sobre o home en cuestión, e paseino ben lendo esto.


2 comentários:

Lindeiros disse...

esperemos que sexa unha especia en extinción ainda que coincido en que tan nosa como os urogallos... bueno ata que Fraga rematou con eles.
Un bo ano desde aqui e gracias pola ligazon.

s.j. disse...

un día que andes por Galicia lévoche ver o seu chiringuito de Teo... Armando Tortillas, chámolle eu. iso si, non pedimos nada. miras o tinglando que ten montado, e marchamos.