quinta-feira, abril 07, 2011

Portugal já pediu ajuda a Bruxelas

Estou escoitando a radio (a BBC4) onde están a falar da petición de asistencia financieira solicitada por Portugal a Bruselas. Coma son analfabeto en cuestións financieiras estou atendendo a ver se aprendo algo.

Dín que a «ajuda» consiste realmente nun préstamo a un alto interés (5-6%) a devolver nun curto prazo. De calquera jeito o préstamo da UE é a opción máis barata. A cantidade andaría polos 80 mil milhóns de ouros

Esto aumentaria a débeda, que en última instancia tería que se pagar con impostos --> eu entendo que polos cidadáns e as empresas, con calquera cousa a gravar.

Tamén dín que para sair do burato, a economía do país tén que medrar, e para medrar tén que tirar cos obstáculos. Un obstáculo é a alta débeda, polo que o tal préstamo non semelha unha bóa idea. Dende que a Eire lhe fora concedido un préstamo similar non melhorou a súa situación.

Os comentarios da nova en público.pt non tenhen desperdicio.


Nenhum comentário: