quinta-feira, janeiro 26, 2012

Despacho vigués de investimento financieiro revoluciona a linguage de comunicación web

BrOkeRs eSpeciAlizadoS, coma se fora o nome dunha banda da movida dos oitenta. A policía de Vigo segue a buscar aos pérfidos que enganaron a esta bóa senhora, á que lhe cobraron pola criación do sitio web do seu despacho de investimento financieiro i entroques lhe fixeron esta barrabasada para que todo quisque bote a risotada. Estas cousas non se fan.





Eu penso que esto saíu dunha sóa persoa, un caso destes de levar a idea de ún mesmo ata o final, porque non me imagino que un grupo ou equipa poidera chegar ata estes extremos. O site aposta por tonos atrevidos e o uso de texto en cursiva ou incluso maiúsculas para criar slogans contundentes e revirados ao mesmo tempo, dos que hai ahí arriba varios que seleccionei nos que se pode clickar para comprobar o que digo. A navegación en linha, sen menú, pasas as cinco páginas unha detrás da outra para ligar outra vez coa primeira… as fotos, e a canción bilinghue (inglés e francés) tamén en bucle porque cando remata escomeza outra vez :P todo converte a visita a este site nunha experiencia despampanante.

Miren miren --> CristinaDeAndres.net e suban o volumen do chintófono para escoitar a canción de marras, da Celine Dion con outro ghicho que non sei quen é.



Nenhum comentário: