quarta-feira, junho 20, 2007
segunda-feira, junho 18, 2007
google bombing
a quén quera colaborar, clickeando neste link de aquí abaixo que dí tangallegocomoelgallego axudas a correxir un pequeno desequilibrio. O que importa é clickear, polas estatísticas de Google e todo eso:
tangallegocomoelgallego
a cousa
aquíe sobre Google bomb
acó
sábado, junho 09, 2007
Eindhoven
| non queria dicir que esto é outro casamento, porque xa fede. Xa casaron os dous con quen máis andaba eu en Londres, inda que esta parella xa levaba un ano vivindo aquí en Eindhoven. |
| con casamento ou sin él, era por ver a estes tres, que non os miraba dende Setembro |
apreciade o contraste entre a conversa fina do inicio da festa no Van Abbe Museum Cafe (arriba), e o lercheo destas dúas así como van baixando as copas
hehe, qué listinho son. entrei nun coffeeShop e pedín 5€ do costo mais barato e déronme isto
sen outro fin ca o de investigación repetín outro dia e pedín algo mellor e isto foi o que me deron por 5€
Este é o Van Abbe Museum, que penso que vai de arte contemporánea, non estou seguro porque era noite e non se miraba nada

pero nada de nada
quinta-feira, maio 31, 2007
antes era a recona levar equipo de gravar video, aghora co telemobil xa chegha
e soan igual de mal, índa penso que para o que hai que escoitar sóa que da ghusto
terça-feira, maio 15, 2007
Non quero xente fina no barrio que logo subenlle os prezos a todo
Seica vinheron estes abogados a ponher o despacho enfrente. Ao caron da minha tenda de discos favorita. Estes o único que venhen é a elevar o prezo dos inmobles do barrio. Esto era un barrio de traballadores, coma o Calvario en Vigo, e agora os fillos e fillas deses traballadores caminhan pola rua cun Mac portatil na bolsa para fozar nel cando estan no café. Nun par de anos, e coas olimpiadas no horizonte, aquí non vai haber quen poda pagar o aluguer.
quarta-feira, maio 02, 2007
A chapuza
Puxeron esta solución porque os servidores estaban a se quentar muito. Esta empresa é a recona. Aquí traballo eu
segunda-feira, abril 30, 2007
Traballar xunto a tumba de William Blake
Talmente que baixei da oficina para mercar algo de xantar, e cando atravesava o cimiterio que hai a poucos metros (todo cheio de xente fina da City sentada nos bancos disfrutando do sol e do entorno verde) mirei que alí mesmo estaba a tumba do devandito autor de "The Doors", que logo inspiraria o nome da banda californiana. Alghén deixara flores e todo.
Ao final todos imos ao mesmo sitio
Assinar:
Postagens (Atom)


