quarta-feira, setembro 19, 2007

Culpa do Facebook

Por eso non actualizo esto. De feito agora que o miro, semella a folla parroquial dando conta das actividades do mes. Mudar mudar mudar

sábado, agosto 18, 2007

Nerga



algunhas cousas fanse porque hai que facelas e punto




as mesmas cousas mudan polo caminho
















impagable instantánea na que se aprecia o dunvirato de producción a falar das cousas importantes, mentras se preparan as barras, pódese incluso mirar a Pacífico probando sonido na esquerda ao fondo





esta foi a mellor foto que tirei do hari de Pacífico



domingo, julho 01, 2007

grandes musicos que eu non o conhezo de nada

Venres: neste restaurante as tapinhas pasan diante de tí nunha fita mecánica en continuo movemento, hai que permanecer ollo avizor para agharrar a que che ghusta. O prezo ven indicado pola cór da base (azul, laranxa, etc...), ademais hai un botón vermello montado na mesma barra (na foto aparece a esquerda do brazo do C) que che vale para chamar ao camareir@. OutRo cOnTO para que esteas a facer o parvo. Logo todos a mirar as cores dos cositos para calcular o coste, e todo cheo de changhallada porque conservas tódolos cositos de todo o que comestes.



nesta foto hai que atopar ao Jose entre a xente no Catch22 en Shoreditch, na última fin de semana antes de que entrara en vigor a prohibición de fumar nos bares e clubs (e calquera centro de traballo cuberto) no UK




Sábado:

pois éste é o Robyn Hitchcock, gran músico e guitarrista psycho folk que escomezara a gravar en 1976 coa sua banda The Soft Boys, mais eu que non tinha nin idea de quén era este ghicho, que tén clube de fans e un museo!!!




aquí estan o Jose e o Oscar que consideraban conveniente a asistencia ao concerto


O concerto consistia en que o Hitchcock e os seus coleghas (todos rockeiros maduritos) interpretaban as músicas que componhen o album Sgt. Pepper's dos Beatles.

si era tan famoso, entón estivemos nun show moi VIP porque non haberia mais de 60 personas a mirar o hari. Esto foi nun pequeno pub en Clerckenwell


ese que aparece ao fondo recollendo os cables era o ghitarrista de Katrina&theWaves, segundo o Jose ou o Oscar



gravei unha piesa co telemobil. Como video é unha merda, non ves mais que cabezas, mais a música escóitase relativamente ben


domingo, junho 24, 2007

a Rosa outra vez

tivo que vir a Rosa para presenciar a mellor noite no Troy bar. Normalmente non é tan bó. Por eso tiven que quitar o telemobil e ghravar esto

o Alan (o do saxo) traballa conmigo, i é un dos poucos normais, esa noite estivo inspirado, e os outros tamén







quarta-feira, junho 20, 2007

a festa en Hackney


o Marcus (o da esquerda, o da dereita é o Alan) editou un cd con Stacks_of_Stamina e vive con outros dous suecos e mais un canadiano, todos dj's. Fun á sua casa porque daban a festa co conto de que o Johan (con sombreiro) voltaba de nonseiqué xira polos USA. VAia rolLO, da "xira" esa ou "tour" non obtiven moito detalle.



a todo esto, ir só a Hackney e voltar ás tantas da manhá non é algo que me fagha ghracia, pero tampouco podo deixar de facer cousas por eso, xa abonda cás alarmas de bombaso que hai no centro



e pinchaban a música có iTunes, mais preguiza non se pode tér, mais o chiringhito estaba ben montado, tinha a impresión de que estaba nunha movida underground, caso de tér eu invitado xente a bailar á minha cocinha, pinchando do iTunes coa computadora enriba do microondas todo cristo diria que son un trapallas. Está claro que hai algo que fago mal.




Marcus deume unha copia do seu cd, hei agardar unhas semanas antes de escoitalo para evitar ser influenciado pola cantidade de hip-hop que puxeron esa noite

segunda-feira, junho 18, 2007

google bombing

a quén quera colaborar, clickeando neste link de aquí abaixo que dí tangallegocomoelgallego axudas a correxir un pequeno desequilibrio. O que importa é clickear, polas estatísticas de Google e todo eso:




tangallegocomoelgallego








a cousa

aquí






e sobre Google bomb

acó






sábado, junho 09, 2007

Eindhoven

non queria dicir que esto é outro casamento, porque xa fede. Xa casaron os dous con quen máis andaba eu en Londres, inda que esta parella xa levaba un ano vivindo aquí en Eindhoven.
Ela non queria un casamento con cea convencional e fixeron un xantar de pé a rillar de tapitas finas e copas. aGhaRrEi o cAgHaLLóN mAiS gHrAndE dA mInHa viDa.







con casamento ou sin él, era por ver a estes tres, que non os miraba dende Setembro













apreciade o contraste entre a conversa fina do inicio da festa no Van Abbe Museum Cafe (arriba), e o lercheo destas dúas así como van baixando as copas






hehe, qué listinho son. entrei nun coffeeShop e pedín 5€ do costo mais barato e déronme isto

sen outro fin ca o de investigación repetín outro dia e pedín algo mellor e isto foi o que me deron por 5€


Este é o Van Abbe Museum, que penso que vai de arte contemporánea, non estou seguro porque era noite e non se miraba nada




pero nada de nada