domingo, maio 18, 2008

Por qué non van botar esto na tv?


Porque é cousa dos de PrimeiraLinha, que puxeron ós protagonistas a tirar cócteles molotov, que eso nin en SouthPark. Que ben o pasei, non pola exaltación da loita perrilleira, senón porque no medio das consignas políticas hai elementos que reconheces, e que sabes non van aparescer en nengún outro producto da industria do audiovisual. O de "Partes del carro, un léxico que conviene conservar" é impagable, coma no meu tempo na escola nos anos 80. Eu preferia que tiveran explotado ese aspecto un chisco máis. Vai todo ó carallo. O filme chámase Vilinguismo i este é o link a blip.tv. Dura media hora máis ou menos.

Um comentário:

Anônimo disse...

Que pasa Rafa, son Paulo,
bótalle un vistazo a esto, se sale!!:
Galicia Bilingüe: “Aprender galego causa prexuízos psicolóxicos nos nenos”

A asociación na defensa do castelán considera que a Administración está forzando o alumnado a aprender en galego, “un idioma que non é seu”.


A asociación Galicia Bilingüe asegura que o Decreto do galego no ensino pode causar “prexuízos psicolóxicos moi grandes” entre o estudantado de Infantil, por “obrigalos a aprender un idioma que non é o seu”.
A presidenta do colectivo, Gloria Lago, cre que o galego non é a lingua materna dos nenos do país e que a Xunta pretende impoñerlla.Lago, en declaracións a Europa Press, asegura que a causa do fracaso escolar e de todos os males do sistema educativo é o ensino do galego, que considera “unha barbaridade”, e que a Secretaría Xeral de Política Lingüística ten como único fin galeguizar a sociedade "copiando o modelo catalán".
A presidenta de Galicia Bilingüe apreciou un xiro de 180 graos no ensino do país dende a aprobación do Decreto, pois, segundo ela, "en moitos colexios de Galiza xa só se imparte en castelán a materia de lingua española”. Ademais o ensino en galego resulta "unha grave molestia" para os mestres castelán falantes, que se ven "obrigados a dar a clase nunha lingua que non dominan".

vía: http://www.vieiros.com/