quarta-feira, fevereiro 18, 2009

Black Cherry again


O Venres pasado fun mirar un hari dos Black Cherry en Hoxton Sq. Non me dou aclarado se o conxunto que vestía a Megane (a cantante) é o mesmo que levara na foto que lle publicara TheIndependent hai dous meses. A todo esto mirei a policia quitar un ghicho para fora do bar e metelo no furgón sen que a concurrencia se enterara. Entereime eu porque saíra a fumar cando aconteceu a operación e mirei un furgón e catro carros fora. Un espabilado comentou que fora por algo relacionado cá drogha. E duas xaponesas (a minha companheira do piso e a colegha) a berrar que que non o levaran, que era moi currinho e tinha cara de seren inocente. I eu a afastarme delas. Cún canuto na mán non tenho eu necesidade de me pór a facer o paiaso a molestar diante da policia.

Miren que pose máis correcta pa mirar un hari, có abrigo e o bolso. Esta lista chámase Ida, Ida nonseicanto.

Nenhum comentário: