

Un par de persoas de máis ou menos corenta anos de idade dicían que nunca na vida miraran tanta neve en Londres, de feito a tv anunciaba dificultades no tráfego rodado no centro da cidade. As dúas fotos de arriba son de onte a noite cando escomezaba a cousa, e as que seguen abaixo son desta manhancinha. Penso que ninguén na minha casa vai ir traballar hoxe (e segue a nevar neste momento).




A presentadora da tv a informar da situación nas estradas. As fotos a continuación son xa na tardinha. Incluso saíu o Boris Johnson (o alcalde de Londres) a dicir (entre outras cousas) que non funcionan os buses urbanos porque é un risco. O centro tén nestes momentos unha capa de neve de máis de 20 cm. Non sei como funciona o metro, mais sei que suspenderon bastante servicio. Boris engadiu que era certo que a cidade non conta con defensa ante estas situacións, pero que o extraordinario ou raro destas inclemencias fai que non sexa aconsellable o ghasto en servicios coma o que tenhen en NewYork, por exemplo, onde no inverno neva a reo. E vexo que segue a nevar agora mesmo.

Non hai xeito de caminhar rua. Eu non penso sair da casa, nen tirar fotos nen nada. Agora sómentes faltaba que me cortaran a internet.

hehe, a xaponesa saíu á terraza a fumar un cigarro e pódense apreciar as súas pisadas nesta foto 'cenital', estaba moi graciosa.

Esto é o noso moneco neve. Houbo que arrampinhar coa neve no chan ó seu redor.

Ahí abaixo o dos vicinhos, un coello que mete medo. Semella o do filme de Donnie Darko, ahí quieto, agardando. Xa non dou máis a vara.
Nenhum comentário:
Postar um comentário