sexta-feira, maio 29, 2009
estrada en Escocia
Non son namorado da conducción, e menos pola esquerda, pero a estrada A-75 que vai dende Carlisle (Eng) a Stranraer no Oeste de Escocia é do mellor que lembro tanto pola paisaxe de monte, chaira e mar, como polo trazado da estrada, que fai que as dúas horas e media que leva sexa unha experiencia divertida. Poucos carros, semella que no momento do clip pasaban máis da media, e doble carril para as subidas. Eu vou conducindo e a cámara (actually un telemóbil deses) lévaa o copiloto. Non son entusiasta do celtismo pangalaico nen penso que haxa moita similitude a priori pero sí que a paisaxe era similar á da Galiza, sobre todo cando nos cruzamos con casas vellas de pedra, inda que o que abundaba era o mesmo estilo ca en Inglaterra. Moito toxo. Por tramos semellaba unha zona verde da provincia de Ourense no verán. Mágoa non ter xirado a cámara no video para recoller a paisaxe visible dende a estrada, pero tirei estas fotos:
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Um comentário:
a min encántame levar o carro, e iso que son disléxica con iso de esquerda e dereita. nin che conto cómo sería por esas terras. agora, se vou e subes comigo, di "piloto, copiloto", e todo solucionado.
qué ben que seghes vivo.
muchos cambios.
beijiños, ghicho, mi má, mira ti.
Postar um comentário