Hai xa dúas semanas que recibín por correo este curioso bíptico do PSdeG-PSOE (clickar nas fotos para mirar a versión ampliada). A única propaganda electoral que recibín nesta campanha aparte dalgún post que mirei no Facebook.
segunda-feira, fevereiro 23, 2009
Mensaxe electoral
Hai xa dúas semanas que recibín por correo este curioso bíptico do PSdeG-PSOE (clickar nas fotos para mirar a versión ampliada). A única propaganda electoral que recibín nesta campanha aparte dalgún post que mirei no Facebook.
sexta-feira, fevereiro 20, 2009
quarta-feira, fevereiro 18, 2009
Black Cherry again
O Venres pasado fun mirar un hari dos Black Cherry en Hoxton Sq. Non me dou aclarado se o conxunto que vestía a Megane (a cantante) é o mesmo que levara na foto que lle publicara TheIndependent hai dous meses. A todo esto mirei a policia quitar un ghicho para fora do bar e metelo no furgón sen que a concurrencia se enterara. Entereime eu porque saíra a fumar cando aconteceu a operación e mirei un furgón e catro carros fora. Un espabilado comentou que fora por algo relacionado cá drogha. E duas xaponesas (a minha companheira do piso e a colegha) a berrar que que non o levaran, que era moi currinho e tinha cara de seren inocente. I eu a afastarme delas. Cún canuto na mán non tenho eu necesidade de me pór a facer o paiaso a molestar diante da policia.
Marcadores:
black cherry,
londres,
shoreditch,
the independent
segunda-feira, fevereiro 16, 2009
eleccións 2009
domingo, fevereiro 08, 2009
Xuntanza en Compostela

Para quen non tenha claro como intoxica aCozDeGalicia aquí tedes esta nova onde tenhen a cachaza de apresentar un suposto mártir víctima dos 'nacionalistas gallegos'. Cáseque lles sae ben a xogada, mais aparesceu este vídeo que reproduce ANT aquí, onde (avanzar ata 31 segundos) se mira claramente o mesmo home cunha actitude moi distinta, que superando ós policias, entra a hostias có outro da contramanife có que estaba a rifar. Non está claro que é él quen vai ó contacto?
Mirade a agresividade do ghicho nas imaxes e comparade có que conta aCoz. Esto tireino desta nova en Chuza!, e atención ó primeiro comentario (#1). A nova en Chuza liga para este blogue, onde hai máis información do asunto, i está mellor contada.
Marcadores:
auto odio,
caverna,
compostela,
galego,
galiza,
manifestacion,
praza,
quintana
segunda-feira, fevereiro 02, 2009
neve de máis de 40 anos
sexta-feira, janeiro 30, 2009
Non sei si é pola crise
Porque o outro día un ghicho saíu pola porta para fora, logo de colarse sen pagar, pasando entre as caixas neste gran supermercado en Angel (London N1). As alrmas pitaron, máis como estaba cheo de xente e tódo-los traballadores (os de seguridade incluídos) tenhen unha rutina que non lles deixa un minuto libre, pois que o ghicho saiu, e marchou. E o grupo de xente que o vimos quedamos alí parvos, incluíndo os traballadores, que non poden interrumpir o que están a facer por eso. Penso que todos botamos un momento a cavilar sobre o asunto.
Assinar:
Postagens (Atom)