Realmente está noutra rúa, concretamente en Shaftesbury Avenue, pero a poucos metros de onde se xunta coa praza de Piccadilly Circus. Nún dos lugares máis barullentos e transitados de Londres, esta oficina está sempre valeira, e xa ván varias veces que a visito. Unha caixeira contoume que traballando nela sentíase un pouco como os protagonistas de Solaris, afastados de todo. O feito de que hai que subir unhas escaleiras mecánicas e o estilo que conserva dende os anos oitenta, todo cheo de espellos axuda bastante.
Nenhum comentário:
Postar um comentário