Apanhei o Pod Studio GX da Line 6, un trebellinho que por diante tén un burato jack para lle enchufar o cable que vén da guitarra eléctrica e que por detrás conéctase á computadora via USB. Así podo usar o software (Pod Farm) para tocar varios emuladores de amplis clásicos, cunha interface gráfica moi clarinha para xente de r'n'r, non para xente de computador, tal que se mira nesta foto aquí debaixo.
Todo moi ben ata que cando fún instalar a cousa tiven esta mensaxe. Computadora nova do paquete crasheando e todo eso. Nágh, que a cousa non vai.
Pero como vai ir? se na website da Line6 inda están anunciando que están rematando os drivers para que lle funcionen os trebellos no OS 10.6 da Apple, o chamado Snow Leopard (cona, o meu, que mercara unha computadora nova cando o post da Apple Store in Oxford Circus). Tirei estes pantaiasos hai un rato.
A computadora nova e non podo tocar a ghitarra ata que ésta xente remate os drivers. Neste último pantaiaso xa hai un fío pedindo "action no snow leopard issue". Tamén montaron o grupo no facebook. Tamén hai queixas de usuarios do novo OS de Microsoft, o Windows7, inda que aparentemente ténheno mellor cá os usuarios do Snow Leopard. Paso de comerme a cabesa. Vou gravar as ghitarras có micro no ampli de merda que tenho, ata que éstes anuncien que xa tenhen os drivers que non hai pelotas de probar esas versións beta (beta é unha palabra que deriva de peta) que sacan estes dias coa recomendación de que antes de os instalar fagas unha copia de seghuridade dos teus documentos e lerias que tenhas na computadora. Nalgunha solución desas cheghan a te dicir que tés que reinstalar a OS de novo e seghir tal procedemento. Non, non hai bolas para eso.
Nenhum comentário:
Postar um comentário