Mirei que vendían o Scalextric en London, nunha tenda en Holborn que se chama Model Zone. Pensara que desaparecera da faz da terra. Miren ahí nas fotos que tirei da janela do escaparate, con 007 na foto do medio, e na foto de abaixo o duelo dos ghichos eses que o coiso do prezo lles tapa a cara, mais míraselles ben a boquilla do risillo.
domingo, fevereiro 07, 2010
sábado, fevereiro 06, 2010
Line6 e o Snow Leopard da Apple OS 10.6
Apanhei o Pod Studio GX da Line 6, un trebellinho que por diante tén un burato jack para lle enchufar o cable que vén da guitarra eléctrica e que por detrás conéctase á computadora via USB. Así podo usar o software (Pod Farm) para tocar varios emuladores de amplis clásicos, cunha interface gráfica moi clarinha para xente de r'n'r, non para xente de computador, tal que se mira nesta foto aquí debaixo.
Todo moi ben ata que cando fún instalar a cousa tiven esta mensaxe. Computadora nova do paquete crasheando e todo eso. Nágh, que a cousa non vai.
Pero como vai ir? se na website da Line6 inda están anunciando que están rematando os drivers para que lle funcionen os trebellos no OS 10.6 da Apple, o chamado Snow Leopard (cona, o meu, que mercara unha computadora nova cando o post da Apple Store in Oxford Circus). Tirei estes pantaiasos hai un rato.
A computadora nova e non podo tocar a ghitarra ata que ésta xente remate os drivers. Neste último pantaiaso xa hai un fío pedindo "action no snow leopard issue". Tamén montaron o grupo no facebook. Tamén hai queixas de usuarios do novo OS de Microsoft, o Windows7, inda que aparentemente ténheno mellor cá os usuarios do Snow Leopard. Paso de comerme a cabesa. Vou gravar as ghitarras có micro no ampli de merda que tenho, ata que éstes anuncien que xa tenhen os drivers que non hai pelotas de probar esas versións beta (beta é unha palabra que deriva de peta) que sacan estes dias coa recomendación de que antes de os instalar fagas unha copia de seghuridade dos teus documentos e lerias que tenhas na computadora. Nalgunha solución desas cheghan a te dicir que tés que reinstalar a OS de novo e seghir tal procedemento. Non, non hai bolas para eso.

sexta-feira, fevereiro 05, 2010
Outro misterio: A oficina pantasma do NatWest en Piccadilly Circus
Realmente está noutra rúa, concretamente en Shaftesbury Avenue, pero a poucos metros de onde se xunta coa praza de Piccadilly Circus. Nún dos lugares máis barullentos e transitados de Londres, esta oficina está sempre valeira, e xa ván varias veces que a visito. Unha caixeira contoume que traballando nela sentíase un pouco como os protagonistas de Solaris, afastados de todo. O feito de que hai que subir unhas escaleiras mecánicas e o estilo que conserva dende os anos oitenta, todo cheo de espellos axuda bastante.
Marcadores:
london,
natwest,
piccadilly,
shaftesbury,
uk
quinta-feira, fevereiro 04, 2010
O misterio das rebarbadoras de Ourense

As fotos son sómentes para pór as cousas en contexto. O asunto é este post titulado O misterio das rebarbadoras de Ourense, no bloghe Caldelao de Caldelas.
quarta-feira, fevereiro 03, 2010
Esto hai que ligalo
as aulas e o despacho from SonCine on Vimeo.
30-xaneiro-2010. Xornada de Formación dos Premios á Innovación en Normalización Lingüística 2009-2010. Anxo Lorenzo (Secretario Xeral de Política Lingüística) remata a súa ponencia. Podedes ver aquí un extracto do debate posterior. Unha cansa indignación nos ollos dos ensinantes: saben que loitan sós e saben os nomes dos responsables desa soidade. A súa vontade, o seu día a día nas aulas, é a trabe de ouro da escola galega.A URL orixinal é esta: http://vimeo.com/9173324
E naturalmente, entereime aquí.
Marcadores:
anxo,
galego,
lingüística,
lorenzo,
politica
Bad Karma
Ela dixo que a rosa non era para mín, que a mercara para ela mesma. Ok, pero resulta que ao final esqueceu levala cando marchou. Para mín toda, para achala neste estado sómentes un día despois. Tenho que me desfacer desto pero xA.
terça-feira, fevereiro 02, 2010
Máis bicis
Mirei esta bici tan preciosa por Angel, non lembro onde exactamente.
Estas dúas tamén atopeinas en Angel. Son tan pequenas que na foto de abaixo puxen a minha, que non é especialmente grande, detrás para comparar o tamanho. Estas deben ir coma un tiro pola City.
Estas dúas tamén atopeinas en Angel. Son tan pequenas que na foto de abaixo puxen a minha, que non é especialmente grande, detrás para comparar o tamanho. Estas deben ir coma un tiro pola City.
Assinar:
Postagens (Atom)